A Consellería de Educación, Universidade
e Formación profesional acaba de publicar a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que
se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan
axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado
matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación
especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar
2020/21.
O prazo de solicitude empeza hoxe 20 de
maio e remata o 19 de xuño de 2020.
Poden solicitala:
- En liña na sede electrónica de la Xunta de Galicia no seguinte enlace: Solicitude electrónica (É preciso dispor de certificado dixital o «Chave 365».
- Presencialmente no centro en horario de 10:00 a 13:30
Para máis información, poden chamar á
secretaría do centro e consultar o Portal da Consellería de
educación aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario