12 de Outubro
Temos moitas cousas que celebrar, tantas que non sabemos por onde empezar. En 1492 producíase un dos maiores descubrimentos por Cristobal Colón, América. Foi nesta semana cando investigamos un pouquiño sobre esto, quen é Cristobal Colón, de onde ven, porque foi en barco, porque se chama América, como chegaron realmente alí, quen os axudou, canto tempo tardaron,...
qué alimentos había alí, como era a xente que alí se atopaba, como se vestían, que idioma falaban...as preguntas non paraban de sair e a nosa imaxinación non paraba de voar e voar.
Gracias á profe Maria José, en cinco anos, xa probaramos estos alimentos polo que este ano lembrámolos, pois moitos xa forman parte da nosa dieta habitual.
Foi unha historia apasionante que rematamos cunha pequena poesía e unha gran canción que tamén aprendemos en 5 aniños. Velaquí a tendes.
DOUS MUNDOS
Colón viaxou polos mares
traendo unha soa idea
tocar lugares lonxanos
e descubrir terras novas.
América, alí estaba,
os seus soños xa se cumplían.
Despois de tanta aventura,
¡Dous mundos xa se coñecían!
Pero descubrir novos mundos e novas culturas, implica coñecer outros nenos e nenas, como viven e como vivimos nós. Miramos para outras situacións e lugares onde os máis pequenos tiñan que traballar antes de ir ó cole ou non podían ir, e entón xurdiron as seguintes preguntas: ¿Qué podiamos facer nós para que todos tiveramos as mesmas oportunidades? ¿Porque tiñan que facelo? ¿Cambiará algún día esta situación?...Nesta reflexión seguiremos avanzando ó longo do curso...
A nosa invesitgación non quedou ahí, dende a clase de primeiro queremos felicitar a todas as mulleres que se chaman PILAR, que tamén sabemos porque se celebra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario