31 de outubro de 2016

Halloween Halloween

Esta semana estivemos moi axetreados preparando moitas cousas na nosa clase para celebrar este venres Halloween. Como sempre os contos estiveron presentes, lemolos e xogamos con eles, moitos eran de hai tres anos, así que xa os coñecíamos, pero daquelas non sabíamos ler, agora si 
¡Qué ILUSIÓN nos fixo poder lelos nós soiños!


Contamos ca colaboración das familias, que unha vez máis nos trouxeron cabaciñas, tan importantes nesta conmemoración e tan típicas do outono, xa viñan decoradas e preparadas para encendelas coa veliña por dentro. 

Elaboramos unha sinxela manualidade que partiu da idea dun pequeno, e todos quixemos copiala. Tratábase de facer unha pantasma con materiais diarios e traballar ó mesmo tempo a respiración e o sopro, tan importantes para a nosa dicción. 


Elaboramos un precioso photocall para sacar as nosas fermosas fotos de morcegos, unha manualidade elaborada ca profe de plástica, que máis adiante exporemos. 



O venres tamén tivemos tempo de realizar momias, escobas e arañas ca comida, así como degustar magníficos pasteis e a tarta que nos trouxeron de novo as nosas FAMILIAS MARAVILLOSAS. 
MOITÍSIMAS GRACIAS!!!



HAPPY HALLOWEEEEEEENNNNN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...