2 de outubro de 2016

Fomos de Excursión!!!!!



Chegou a primeira excursión, estabamos emocionados e interesados en saber TODO, non nos chegaba o día. Puntuais, nerviosos, entusiasmados chegamos ó cole, repasamos as normas de educación vial e de comportamento para realizar o traxecto da mellor maneira posible. ¡Alá fomos!
 Polo camiño fomos atentos a todo, e como moito xa o coñeciamos cada un foi explicando aquelo que ía recoñecendo, a Alameda, o edificio de Correos, a plaza de Abastos, a praza maior e o Concello, incluso contando cousas que fixeramos ali.
Por fin chegamos, e alí nos recibiu unha monitora moi simpática que nos prometeu explicarnos moitos trucos dos magos, pero...sería maxia ou cousa da ciencia?

Non perdemos detalle e por suposto TODOS e TODAS quixemos participar. A curiosidade é o noso forte.


Esta monitora, fixonos dubidar por un momento, quen era alto e baixo, pois entrabamos nunha habitación que nos facía dubidar, podiamos ser pequenos ou tocar o teito, ¿que estaba pasando? Non dabamos crédito e por suposto, todos quixemos probar. 


 Tamén nos dixo que o que pasaba nesta habitación, tamén pasaba na película de "alicia no país das maravillas"


Unha historia chegou ó noso corazón, que nos pedía colaboración e non tivemos problemas, xa que temos moitiiiisima imaxinación. Pero algo pasaba con aqueles personaxes, non eran de verdade, eran feitos cas mans...e por suposto, quixemos saber como se facía para nós practicar. 
¡¡¡Puxémonos mans á obra!!!


Finalmente, chegou unha das mellores partes, a guinda do pastel, convetímonos en arañas, unhas arañas que estaban por riba dunhas escaleiras,...ou non? por ali non se subía, pero estes pequenos que son moi agudos, conseguiron entrar e por as súas mellores sonrisas!


Moitisimas GRAZAS por compartir esta experiencia que, sen dúbida, seguiremos traballando.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...