16 de outubro de 2016

16 de Outubro.

DÍA ALIMENTACIÓN

É un día sinalado, para nós moi importante, xa que cada día en cada comida tratamos de facelo o mellor posible. Saúde e deporte é a nosa base de crecemento. Dende os 3 aniños estamos adscritos ó programa Si!, dende o que practicamos uns hábitos e actitudes saudables como nos sinala o Dr. Fuster e que xa temos super asimilados gracias ó noso amigo CARDIO. 



Como cada mañá almorzamos o que nos poñen na mesa, para merendar no cole procuramos traer froita ou bocadillo acompañado de zumo, iogurt ou auga. A mediodía, merenda e cena procuramos seguir as pautas alimenticias que nos poñen na casa e no comedor do cole. Temos tan asimilado este concepto de alimentación saudable, que repasalo entre todos foi unha maravilla. 

Como todos os días antes de comer repasamos as normas de convivencia que atañen este momento, aquí podedes observar unhas diapositivas que nos axudan ó repaso. 



elaboramos a nosa propia pirámide alimenticia, con recortes de folletos de supermercados e tendas, onde identificamos cales eran os alimentos que máis necesita o noso corpo para funcionar ca máxima enerxía. 


Contamos contos relacionados co tema, que nos encantaron



Elaboramos palabras relacionadas co tema, aproveitando que temos o abecedario en tapóns e xogamos ó  pasapalabra con palabras relacionadas ca alimentación. 



Elaboramos os nosos propios menús, cas comidas que máis nos gustan  ¡quedáronnos así de preciosos!



Pedimos axuda as nosas familias para elaborar un postre, 
siiiii un postre, eso que tanto nos gusta, esa lambonada que nos encanta comer...e aquí está o resultado. 

NORABOA PEQUENOS E PEQUENAS, sodes capaces de escribir as vosas receitas. 
Pero a colaboración das familias non quedou aí, obsequiáronnos con pasteis e tartas destas receitas,...e comoooo nos puxemos!!! tivemos que celebrar unha festa!!!!




Entre todos, elaboramos a nosa receita da AMIZADE



"Ingredientes: amor, cariño, paz, respeto, ayuda, compartir...
Preparación: Echamos un litro de amor, unas gotitas de respeto, una cucharada de cariño, un vaso de ayuda y compartimos TODO "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...