26 de marzo de 2017

Semana da árbore

Esta semana foi moi especial, porque ademais de ter a excrusión á fundación de A Banca, tamén traballamos a importancia das árbores para a nosa vida. Comezamos xa ó comezo de curso, cun fermoso libro que realizamos entre todos e todas cas folliñas que nos atopamos, analizando de onde proviñan, como era a árbore, que características, se tiña froitos, como eran as folliñas...
Aquí tendes un resultado!


Ademáis tamén llo mostramos ós nosos compis do cole para que o viran. 
A nós gustounos moito e é a mellor maneira de ver como se traballa en colaboración coas familias.






Ó longo da semana fixemos varias sesións de contacontos sobre dous contos fermosísimos que viaxaron tamén as casas das nosas familias
ENCÁNTANNOS




E nós na nosa aula, seguimos coidando con moito agarimo o noso carballo, plantado hai varios meses a partir dunha belota...CADA DÍA ESTÁ MAIS GRANDE E MÁIS FORTE.





Ademais nesta semana tamén realizamos un mural en colaboración cos nosos compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria sobre os castiñeiros, xa que este ano esta semana da árbore adicouse a eles. 

Enfrascámonos pintando con diversos materiales...e pasamolo xenial. 



¡Así de chulo nos quedou!




O noso cole decorouse con murais fermosos sobre os castiñeiros, e nós fixemos unha pequena excursión por eles. 



E como non podía ser doutro xeito, finalizamos un acto de peche no salon de actos, onde primeiro escoitamos o himno do noso cole, a continuación cantamos unha canción ca profe Maria Jose, directora do coro do noso cole e despois cada clase recitou unha poesía sobre os castiñeiros, aquí podedes ver a nosa




Finalmente, plantamos dous castiñeiros, despois de porlle os nomes escollidos entre todos, Senlleira e Gorku foron os escollidos, dos nosos compañeiros de 3º de Educación Primaria. 



MOITAS GRAZAS, E LEMBRAI QUE O MAIS IMPORTANTE É COIDAR AS NOSAS ÁRBORES, SON A NOSA VIDA. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...