Un de 365 días, un día como os demais, pero tan diferente! Por que? os pequenos e pequenas de 1º unha vez máis, investigaron sobre este día, comezamos a semana pasada preguntandolle por suposto, ás nosas familias e podendo contrastar información, como que as nenas antes non podían xogar, non estudaban cos nenos, aprendian asignaturas diferentes ou que as mulleres nin tiñan cartos nin tiñan axuda nas tarefas da casa.
Unha vez máis...sorprendéstesme ca vosa capacidade de empatía e concenciación da causa, por iso...
decidimos ensinarlles ós nosos compañeiros/as maiores de 5º de primaria todo o que aprenderamos deste día, porque este e non outro, porque o lazo violeta e non outro,...tantos motivos que non deixaban de sorprenderse atónitos! Mostrámoslles unha das imaxes que máis nos impactou, debatindo sobre o que era igualdade e machismo.
Aquí tedes unha iniciativa que saliu deles mesmos, realizar en parellas unhas mensaxes para enviarlles as mulleres que para eles son as máis importantes e un motivo máis que razonable.
GRACIAS POR TODO CHICOS E CHICAS, SABEMOS QUE EN VÓS ESTÁ UN FUTURO MELLOR, QUE COIDAREDES E MIMAREDES.
Ningún comentario:
Publicar un comentario