11 de novembro de 2016

Magosto 2016

Chegou o día, levamos toda a semana practicando, traballando e realizando diferentes manualidades para que todo esté listo o día do Magosto, para celebrar o nosos particular San Martiño no cole. Comezamos lendo contos e averiguando sobre esta festa tradicional e patronal da nosa cidade, onde vimos cales son aquelas cousas que o caracterizan, a castañeira, as castañas, chourizos, empanadas,...pero sobre todo a festa. Así que comezamos.

A nosa amiga a Castañeira, plasmamos esta profesión tan característica nunha castaña, que nos quedou chulísima de medalla!!!

Elaboramos tamén un sinxeliño marcapáxinas onde recollíamos un poema que resume esta festividade e que aprendemos de maneira lúdica e divertida.

Castaña, castañas,
que no lume estás
salta, salta, salta,
que te queimarás.
Castañas, castaña,
que no lume estás,
ten coidado,
ten coidado,
que te queimarás.

Pero para levar as nosas castañiñas necesitabamos unha cesta, que tamén con forma de castaña elaboramos, olliños, boca e xa...ca nosa boa escritura puxemos o noso nome e a festividade. 

Xa tiñamos todo o que necesitabamos para celebrar o Magosto, así de guapas estábamos.

Estabamos dispostos a marchar, cando recibimos unha preciosa sorpresa...os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria, agasalláronos cunhas maravillosas pancartas do Magosto.
¡Votádelle un olliño!




Moitas gracias chicos e chicas!!
A continuación, dispuxémonos a coller as nosas cestiñas para sair ó patio, a ver se a castañeira nos agasallaba con castañas asadas e quentiñas, pero unha vez máis César, sorprendeunos traendo el xa castañas, que por suposto, non dubidou en compartir con cada un dos seus compañeiros.


Agora si...saimos ó patio...

Esquecímonos de levar cartos para pagar, pero tiñamos unha moeda moito máis bonita e rica, un BIQUIÑOS. Despois, repartimos castañas e xogar que ven merecido o tiñamos despois de todo o día traballando.


Dende a clase de primeiro, feliz día de San Martiño para todos os Ourensáns.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...