27 de decembro de 2016

Os nenos e nenas tamén tivemos tempo para maquillarnos con mooooita purpurina que nos encanta!!! e recibimos unha visita moi especial, dos alumnos de 5º de Primaria, que sempre comparten todo con nós. Mostráronnos a súa árbore de Nadal, unha orixinal árbore che de desexos para o novo ano, onde a nosa profe tamén puxo o seu. 
Moitas gracias peques :)




26 de decembro de 2016

Sesión de fotos divertida

Qué mellor maneira de felicitar estas festas, que cunha sesión de fotos grupal, mirade que chula nos quedou! pasámolo xenial!!




ooooooohhhhh!!!!!

Aquí vos mostramos a manualidade que realizamos ca nosa teacher Noelia. 



Renos máxicos

Cheos de ilusión, alegría e entusiasmo recibimos este agasallo cheo de algo que nos gusta moito...siiiiii chocolatinas de Nadal! Por que? por un trimestre MARAVILLOSO, por un comezo INMELLORABLE e por vós, os peques que o merecedes TODOOOO
Decoramos os botes con motivos navideños e así de preciosos quedaron!  Posamos cas supergafas e gorros!!! SUPERCHULOS!!
Viva o Nadal!!!


19 de decembro de 2016

Xa temos as nosas SUPER CARTAS

Qué maravilla! as nosas cartas escritas a man, ca nosa letra, pensando e escribindo, repasando e relendo...pero o máis importante escritas co nosos esforzo, resultado de moiiito tempo! MIRADE




Envolvémola como un pergamino para enviala no buzón real, si, para que lle cheguen canto antes ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. 


18 de decembro de 2016

Receita mooooi navideña

Esta semana, a pesar de ter esas probas importantes e chupadas para nós, tivemos tempo para facer máis cousiñas e divertirnos; esta vez ímosvos ensinar como pasamos unha tarde xenial cos peques do cole. Foi unha experiencia estupenda, porque ademáis de coñecer nós algúns productos navideños típicos, aproveitamos para ensinarllos a eles, e eles felices. Mirade que ben o pasamos!

Primeiramente, vestímonos, e non con gorros...nonono senón de renos, de reno Rodolfo...xa un compañeiros máis da nosa clase, nesta época.
Turrón de almendras, blando, duro, de chocolate, galletas típicas, bombóns,, mazapáns, polvoróns...



Houbo sensacións de todo tipo, pero o importante é probar con eses dentiños tan fortes que temos.



Aproveitamos tamén para facer uns ricos bizcochos con cousas que nos encantan, regalices, nutela, lacasitos, virutas de cores...por suposto, participando todos e colaborando, aproveitando para ensinar e aprender uns dos outros.




¡¡¡Qué chuladassssss!!! 


E houbo momento para xogar, bailar, facer un pouco o paiaso...que tamén nos gusta! pero sobretodo...un momento de convivencia entre maioers e pequenos que estivo xenial!!!




Finalmente, como non, sempre un conto. Un conto superchulo que nos encantaría contarvos...pero...é un segredo e polo tanto, vai quedar entre nós e o conto. 


Un superbiquiño e BO NADAL

15 de decembro de 2016

Gañador da postal navideña

A verdade que todas as postales quedaron preciosas, pero o xurado tivo que escoller unha, e delas destacou a do noso compañeiro César, preciosa. Aquí vola ensinamos.

Ademais, tamén vos achegamos o resto, porque todas son merecedoras dun premio, o esforzo, entusiasmo e ilusión que lle puxemos foi inmellorable. 


Moitisimas felicidades a todos. 
BO NADAL

13 de decembro de 2016

Qué sorpresa máis ricaaaaa

Hoxe, o noso compañeiro César, agasallounos cunha degustación de mazá. Nunca pensamos que unha froita puidera ter tantas variantes, os diferentes tipo, que productos podíamos facer con elas, de onde viñan e qué tiñan dentro. 
Pero non só iso, senón que ademáis puidemos probalas....qué ricas...mazás, compota, marmelada, zume...tarta....un placer. 
Moitísimas grazas por esta clase MAXISTRAL sobre as mazás, ademáis veu acompañada por un conto. 
Somos así de Xeniais, contamos contos,...si...pero esto non queda aquí, seguiremos investigando sobre os nosos alimentos. 

3 de decembro de 2016

Que día tan especial

Venres...si...moita ilusión se respiraba na nosa clase toda a semana, porque tiñamos un premio, un premio moi especial, UNHA ESXCURSIÓN!! Pero non a un sitio calquera, non, a ese sitio onde se atopa a maxia, viaxes, personaxes e aventuras emocionantes...os nosos amigos os LIBROS. Pero ademáis tiñamos outra sorpresa...mirade que vos contamos!


Ben abrigados, cas nosas merendas na mochilas e cun gran sorriso emprendemos camiño. Por suposto, fixándonos en todo o que coñecíamos, normas de circulación viaria, establecementos, pero sobre todo a ilusión de ir lendo e entendendo todo. 


Xa estabamos preto...por un buratiño...alá vimos o noso destino! 


 Chegamos, supernerviosos, e recibíronos con moito agarimo, e outra sorpesa de novo...a TELE...si....estábanos esperando a TELE. 
Pero, ¿por qué? non era solo por nós, senón porque este sábado 3 de Decembro, conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
E cal foi a nosa gran sorte, poder contar con unha persoa dulce e encantadora, que nos contou dous contos fermosísimos sobre este día. 

Primeiro, explicáronnos que era a biblioteca, que había alí, e como e cando podíamos coller os libros. Foi emocionante porque saian libros debaixo dos pantalóns, detras dos coxíns, dentro de maletas....


Pero chegou o especial momento, ben atentos, non só escoitamos o conto senón que interaccionamos con ela. Explicounos que a pesares das dificultades que podiamos atopar nesta vida, ningunha será suficiente para deternos nin deixar de soñar,...
Pero nós expuxemos ben claro, que como sempre, só nos temos que axudar uns ós outros e solo así, xuntos poderemos crecer, porque somos un equipo. 


Este tema, traballámolo na aula como parte da nosa dinámica, a través de cortos ou contos "Tamara ou Cuerdas"como o "cazo de Lorenzo", onde vemos como existen persoas maravillosas que axudan a superar dificultades ou a que estas sexan máis fáciles de levar, e iso é o que temos que aprender.



Despois realizamos un debuxo, mentres facían unha breve entrevista



Quedaron xeniais!!!
Estamos feitos uns artistas


Así de contentos saimos, ainda que por petición grupal, voltaremos moi pronto.


O seguinte momento da mañá, chegou para facer o noso merecido descanso,...poder tomar as nosas merendas no parque e xogar un anaquiño.



Finalmente, queremos rematar cunha frase de Christopher Reeve, "Un heroe é un individuo extraosdinario que atopa a forza de perseverar e resistir a pesares dos obstáculos"
Foi unha experiencia EXTRAORDINARIA que deixará sen dúbida unha pegada no noso corazón.

UN SORRISO CURAO TODO :)

Esta semana a nosa profe de Educación Física, trouxonos uns agasallos ó cole, uns narices vermellos...como de paiasos, pero o verdadeiro agasallo non era ese, senón o que significaba. A nosa profe, Yesi, colabora ca fundación Theodora, que leva a alegría ós nenos e nenas que están hospitalizados, para que dentro do posible, a súa estancia sexa o máis agradable posible. 
Os alumnos de 1º de Primaria, tamén queremos mandarlles unha pizquiña de alegría e desexarlle unha pronta recuperación. 

Porque ningún neno/a debe pasar polo mal momento de estar hospitalizado e porque é unha época de felicidade, ilusión, empatía, caridade...desexamos que todos podían ter un NADAL cheo de alegría e SORRISOS....MOITOOOS SORRISOSSS

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...