26 de novembro de 2016

Día contra a Violencia de Xénero.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO DE 2016

Esta é unha das conmemoracións, que deixan sen palabras, por todo, pola explciación, polas reflexións emitidas, polo impacto nos máis pequenos, pola súa sorpresa ó saber que existen casos así e a tristeza ó saber que é máis frecuente do que parece e debería ser. 
Desgrazadamente é un tema cotiá das nosas vidas, e que debemos radicar XA e DUNHA VEZ. 


Como non podía ser doutro xeito, de novo os contos axudáronnos a entender un pouco máis este FEO concepto que non ten explicación. Artur e Clementina axudannos a ver como a pesar do bo trato aparente, as malas formas e as palabras insultantes acaban por destrozar a unha tartaruga cuxa ilusión era crecer como persoa. Aprendemos o concepto de violencia psíquica, feo concepto.No libro dos porcos, porén trata das cargas familiares sobre a muller da casa e como o trato que recibe non é gratificante nin tampouco existe ningunha mostra de cariño nin agradecemento, empuxándoa a abandoar o fogar. 
A continuación, ensinámosvos outro video, clave nesta reflexión, ¿debemos facer sempre o que nos mandan? MIRAINO POR FAVOR

¡Cantas reflexións sairon despois de velo! IMPRESIONANTE. Poucas veces podemos ter de primeira man, reflexións tan sinceras da man dos máis pequenos. 
Por todo, isto decidimos por as nosa mans e corazóns a traballar, con carteis feitos por nós onde plasmamos os nosos desexos por un mundo mellor, sen ningún tipo de violencia, pois aprendemos, desgraciadamente, que a violencia non soamente pode ser física, senón psíquica. O que máis nos costou entender, e ainda non o sabemos é o porqué sucede esto, quen o merece, NINGUÉN.


A implicación e motivación foi inánime, pois non hai debate posible contra esto, todos estamos nunha mesma dirección. O traballo en equipo foi todo un exemplo.



POR FAVOR, NINGUNHA MAIS...


Esperamos que co noso grauciño de area, logremos un mundo mellor, onde esto sexa un terrible e esquecido pesadelo. 


SAÍMOS Ó PATIO PARA BERRAR BEN ALTO ¡NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...