Jueves, 7 de Abril
CONTACONTOS "OS 3 PORQUIÑOS"
Os tres porquiños Maruxa, Xaquín e Fuco visitaron o noso cole para contar a verdadeira historia dos tres porquiños a través dunha sesión de contacontos, realizada polos contacontos Cris de Caldas e Xabi do Camiño.
Os tres irmáns reescriben o tradicional conto para promocionar os bosques na loita contra o cambio climático, xa que capturan o CO2, albergan biodiversidade de animais e árbores, e proporcionan alimentos e produtos reciclables.
Grazas a Cris e Xavi pola súa magnífica actuación e grazas tamén a Fearmaga por ofrecernos esta actividade tan bonita e motivadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario