Seguimos ca semana da saúde, na que recibimos un taller "Do leite ó iogurt".
Unha vez máis recibimos a visita de dúas rapazas que nos explicaron a través dun conto cal era o proceso dende que as vacas pastaban no campo ata que o leite chegaba ás nosas casas, e de que outras maneiras o podíamos atopar. A verdade, que tiñamos estes coñecementos moi frescos grazas a que estivemos investigando hai algún tempo.
As rapazas tamén nos permitiron realizar un sabroso taller con iogurt e froitas. Primeiro, troceamos as froitas en anaquiños ben pequenos e posteriormente, engadímoslle iogurt. ¡Estaba deliciosoooooooo!
A continuación, transformamos ese iogurt nun batido...mmmmm sen palabras nos deixou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario