Agora si, empeza a actuación, toda primaria representamos un circo...un circo cheo de mimos, animais ca súa estupenda domadora, arlequíns, magos, maiorettes,...e por suposto... cheo de PAIASOS E PAIASAS de 1º de Primaria. Viñemos estupendos e estupendas, cheos de color e alegría. Metémonos no papel, facendo rir pero sobre todo, ríndonos de nós mesmos. Mirade que FELICES SOMOS.
Pero esperade, que esto non quedou aquí, nonono, saímos ó patio para desfilar e facer unha supercoreografía que traballamos durante os últimos dous meses ca profe de Educación Física Yesi e que nos saiu xenial.
Tivemos unhas presentadoras magníficas:
Isto é unha pincelada do ben que o pasamos no cole, non temos máis fotos porque só nos adicamos a disfrutar, disfrutar e disfrutar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario