Non é usual esto que vou facer, pero sinto a necesidade de presumir de vós, os pequenos e pequenas deste curso. Estaba orgullosa, contenta, ilusionada, en definitiva...FELIZ...pero o que ocorreu dende a volta de Nadal e esta semana, deixoume ABRAIADA, sen palabras.
Quero contarlle a todo o mundo, que ademais do traballadores que somos cos libros, estamos cheos de CURIOSIDADE, todo o queremos saber, é INFINITA.
Así ahí vai...un chisco de todo o que fixemos...
En primeiro lugar, quero mostrarvos algo no que levamos traballando dúas semana, nos nosos anacos de tempo libre...un puzzle de 200 pezas sobre o corpo humano, o tesón, a perseverancia e sobretodo o TRABALLO EN EQUIPO lograron este resultado.
Pero o mellor estaba por chega, a ILUSIÓN que nos fixo ese momento, esa última peza, ese traballo de TANTAS HORAS E DE TODOS NÓS. NORABOA RAPACES.
Outra cousa que quero compartir con vós, é a insaciable fame que teñen estes pequenos e pequenas de comerse o mundo, como se informan, queren saber, atenden, coñecen, piden...ENCÁNTAME!
Esta semana, a pesar da nosa curta idade, establecemos un debate sobre un tema que está de actualidade é que a pesar de que parece de maiores, quixemos averiguar, Qué pasa con Donald Trump? quen é? que está facendo? porque quere facer un muro con México? Porque non se quedou Obama no poder? Pero todas estas preguntas foron expostas despois de preguntar ás nosas familias, MOITÍSIMAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN.
Pero é que ademáis de averiguar milleiros de cousas sobre este tema, o noso nivel de concienciación foi ENORME. Falamos de racismo, das manifestacións que se produciron en EEUU, do que prometeu na campaña electoral...IMPRESIONANTE RAPACES!
Así mesmo, descubrimos esta semana, curiosidades como cruceiros de luxo, canto custaban...se poderíamos chegar a ir algún día, que hai neles,...as cataratas do Niagara, a muralla de Lugo, a Torre do Homenaxe de Monforte de Lemos, a desgracia ecolóxica do Prestige,...
Toñi, a nosa libreira favorita agasallounos cunha imaxe de Frida Khalo e tamén investigamos sobre a súa vida...FASCINANTE
a educación emocional sempre presente na nosa aula en diferentes momentos,...tratamos temas como o bullying con cortos como:
IDES CAMBIAR O MUNDO, PARA BEN, APORTANDO O VOSO GRAN DE AREA.
NORABOA PITIÑOS, SEGUIDE ASÍ PORQUE...IDES CHEGAR MOI MOI LONXE E todos nós vos estaremos vendo con ilusión e moitísimo cariño.
ESTOY MOI ORGULLOSA DE VÓS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario