24 de novembro de 2016

Super periodistas

O pasado xoves, recibimos unha visita moi especial...con motivo dunha actividade de aula, invitamos a un amigo a que nos ensinara un chis chis máis da súa profesión, cal é? PERIODISTAAA

Pero esta vez, fomos nos os que nos preparamos as preguntas, aquelas curiosidades que nos viñan a cabeza, como facían as noticias? onde traballaba? como grababan á xente? cando durmían? como podían facer os periódicos de noite? quen os escribía? se lle axudaba o seu papá ou mamá a escribir? unha chea de cousas, que non só nos explicou senón que nolas mostrou. 
Analizamos periódicos, noticas, buscamos que tiñan, a fecha, que era un titular, quen escribía, se era verdade ou non todo o que decían nel...
Qué sorpresa levamos cando nos dixo que traballaba na Rexión, o noso periódico local e no que moitas veces sae o noso cole con prestixiosas e novedosas noticias. Qué ilusión!

Por suposto, nós tamén quixemos parecernos a él, polo que elaboramos o noso carnet de SUPER PERIODISTAS co que comezaremos unha nova sección de noticias, estade atentos!!! 

Pero antes, temos moito que aprender ainda deste medio, seguiremos traballando man a man cos periodistas e reporteiros. 
GRAZAS POLA VISITA E ESPERÁMOSTE PRONTO ALEX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...