18 de maio de 2016

Día das Letras Galegas

Cada 17 de maio, en Galicia, homenaxeamos a aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria na nosa lingua ou ben pola súa defensa.
Este ano a Real Academia Galega escolleu a Manuel María Fernández Teixeira, e na clase quixemos acercarnos á figura deste persoeiro tan importante.
O primeiro que fixemos foi coñecer un pouco a súa biografía e as súas obras principais. Despois, en grupos realizamos unha sinxela actividade para comprobar se recordabamos todo.


Tomando unha das súas obras máis coñecidas, “Os soños na gaiola” cada un de nos animouse a debuxar na gaiola o seu recordo máis prezado.


Por último, que mellor maneira de conmemorar o día grande de Galicia que bailando unha muñeira e as nosas cancións populares.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...