3 de decembro de 2016

Que día tan especial

Venres...si...moita ilusión se respiraba na nosa clase toda a semana, porque tiñamos un premio, un premio moi especial, UNHA ESXCURSIÓN!! Pero non a un sitio calquera, non, a ese sitio onde se atopa a maxia, viaxes, personaxes e aventuras emocionantes...os nosos amigos os LIBROS. Pero ademáis tiñamos outra sorpresa...mirade que vos contamos!


Ben abrigados, cas nosas merendas na mochilas e cun gran sorriso emprendemos camiño. Por suposto, fixándonos en todo o que coñecíamos, normas de circulación viaria, establecementos, pero sobre todo a ilusión de ir lendo e entendendo todo. 


Xa estabamos preto...por un buratiño...alá vimos o noso destino! 


 Chegamos, supernerviosos, e recibíronos con moito agarimo, e outra sorpesa de novo...a TELE...si....estábanos esperando a TELE. 
Pero, ¿por qué? non era solo por nós, senón porque este sábado 3 de Decembro, conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
E cal foi a nosa gran sorte, poder contar con unha persoa dulce e encantadora, que nos contou dous contos fermosísimos sobre este día. 

Primeiro, explicáronnos que era a biblioteca, que había alí, e como e cando podíamos coller os libros. Foi emocionante porque saian libros debaixo dos pantalóns, detras dos coxíns, dentro de maletas....


Pero chegou o especial momento, ben atentos, non só escoitamos o conto senón que interaccionamos con ela. Explicounos que a pesares das dificultades que podiamos atopar nesta vida, ningunha será suficiente para deternos nin deixar de soñar,...
Pero nós expuxemos ben claro, que como sempre, só nos temos que axudar uns ós outros e solo así, xuntos poderemos crecer, porque somos un equipo. 


Este tema, traballámolo na aula como parte da nosa dinámica, a través de cortos ou contos "Tamara ou Cuerdas"como o "cazo de Lorenzo", onde vemos como existen persoas maravillosas que axudan a superar dificultades ou a que estas sexan máis fáciles de levar, e iso é o que temos que aprender.



Despois realizamos un debuxo, mentres facían unha breve entrevista



Quedaron xeniais!!!
Estamos feitos uns artistas


Así de contentos saimos, ainda que por petición grupal, voltaremos moi pronto.


O seguinte momento da mañá, chegou para facer o noso merecido descanso,...poder tomar as nosas merendas no parque e xogar un anaquiño.



Finalmente, queremos rematar cunha frase de Christopher Reeve, "Un heroe é un individuo extraosdinario que atopa a forza de perseverar e resistir a pesares dos obstáculos"
Foi unha experiencia EXTRAORDINARIA que deixará sen dúbida unha pegada no noso corazón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...