25 de outubro de 2016

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS

24 de Outubro...que será...siiiiii o día da biblioteca...un día superespecial para nós, porque amamos os libros, os contos, encántanos contalos, escoitalos, lelos, meternos en cada historia e ser cada personaxe.
Subimos á biblioteca do noso cole, que ilusión, na planta máis alta do cole, calados e entusiasmados chegamos. Alí fixemos unha sesión de contacontos, con dous contos moi moi especiais, que non leramos, cuns personaxes tan dulces e tenros que nos chegaron ós nosos corazóns e ós que acompañamos nas súas aventuras.

Neles as emocións estaban moi moi presentes, por iso chegaron ós nosos corazóns.
Repasamos tamén cousas que sabíamos da biblioteca, que libros había, quen nos recibía ali, que era o préstamo e para que servía un carnet da biblioteca, canto tempo podemos sacar os libros da biblioteca e como temos que coidalo...e mirade...tivemos un bibliotecario moi moi simpático, coñecédelo?

 Compartimos un anaquiño de nós, traendo o noso conto favorito, porqué, que pasaba, que nos trasmitía, quen nolo regalou...e tivémolos de aventuras, de historias heroícas, investigación, de animais, algún que nos trouxeran os Reis Magos en tres anos (que ilusión me fixo!!!)

Finalmente, deixámosvos aquí os contos que máis nos gustaron e decirvos que nós pola nosa parte, seguiremos lendo e vivindo novas aventuras cos contos, porque a través deles, non son lemos, senón aprendemos palabras, experiencias, coñecementos cousas e lugares increíbles, desenvolvemos a nosa imaxinación, ceratividade, comprensión lectora e expresión oral e escrita.
No cole realizamos uns marcapáxinas moi especiais, ca ilustración de Minnia Rego, que nos visitou o ano pasado no Festival do Libro do cole. Mirade que chulos!!!

Cada libro é unha ilusión, un motivo para seguir aprendendo e vivindo, e lembrade que 
"un neno e nena que le, é un adulto que pensa".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Bienvenidos al curso 2023-2024

  Queridas Familias, bienvenidas al blog de 1º de primaria. En el publicaremos todas las actividades realizadas por los alumnos. Yo soy Laur...